O Concello completa os traballos de reacondicionamento do campo da feira

27 de agosto de 2021 - 12:12

Os traballos supuxeron un investimento de 19.800 euros, incluíndo a pintura e restauración de estruturas metálicas, carpintería, reposición de vidrería, portas, aseos e zona de comedor, máis os traballos de limpeza das instalacións para a súa posta a punto


...

O Concello de Ourense completou esta mañá os traballos de reacondicionamento do campo da feira, realizados durante as últimas semanas coa finalidade de subsanar diferentes deficiencias e avarías detectadas no espazo.

Os traballos supuxeron un investimento de 19.800 euros, incluíndo a pintura e restauración de estruturas metálicas, carpintería, reposición de vidrería, portas, aseos e zona de comedor, máis os traballos de limpeza das instalacións para a súa posta a punto.

As instalacións xa están dispoñibles desde hoxe para os seus usos, tanto para os tradicionais da feira como da campaña da uva, entre outros, sempre mantendo as medidas de seguridade e restricións determinadas pola autoridade sanitaria como consecuencia da pandemia da COVID-19.