Responsive image 29-06-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

O Concello de Ourense abre o venres a inscrición para anotarse nas actividades infantís do espazo Coeduca durante a Semana Santa

30 de marzo de 2022 - 11:12

Trátase dun programa de lecer infantil para axudar a conciliar os tempos das familias, e desenvolverase para nenos de 06 a 12 anos os días 11, 12, 13 e 18 de abril nas instalacións do CIMM en horario de 9:00 a 14:00 horas. Inscrición: o venres 01 de abril, de 09:30 a 13:30 horas no CIMM (rúa do Ensino, 21).


Imagen de noticia

O Concello de Ourense abre este venres o prazo para anotarse no programa de actividades de lecer infantil do programa Coeduca, destinado a rapaces e rapazas de 6 a 12 anos, e que se desenvolverá os días 11, 12, 13 e 18 de abril en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Trátase dun programa de lecer infantil para axudar a conciliar os tempos das familias, e está subvencionado polo Ministerio de Igualdade - Pacto de Estado.

A concelleira de Igualdade, Eugenia Díaz Abella, pon en valor esta actividade, “pensada para axudar a conciliar a vida familiar durante a Semana Santa fomentando actividades educativas baseadas na equidade, igualdade e liberdade, así como a convivencia coa diversidade, loitando así contra a discriminación”

As familias interesadas poderán anotarse o venres 01 de abril, en horario de 09:30 a 13:30 horas nas dependencias da Concellería de Igualdade (rúa do ensino 21).

Máis información no teléfono 623169421.

Espazo Coeduca. A Concellería de Igualdade - CIM do Concello de Ourense, conta co Espazo Coeduca, un lugar de referencia para desenvolver programas socio-educativos que permitan conciliar os tempos laborais, familiares e persoais das ourensás e os ourensáns, como unha medida compensatoria incardinada no II Plan para a Promoción da Equidade de Xénero do Concello de Ourense.

O Espazo conta cunha ampla sala dotada de xoguetes, películas, contos, libros e xogos educativos e material didáctico para nenas e nenos, coidadosamente seleccionados de cara a garantir un correcto tratamento non sexista dos seus contidos e usos.