Responsive image 29-06-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

Concello e Adolfo Domínguez colaboran nunha actividade ambiental fomentar a sostenibilidade na cidade

23 de abril de 2022 - 18:11

A Concellería de Medio Ambiente de Ourense e a empresa ourensá Adolfo Domínguez colaboran no desenvolvemento dunha actividade ambiental no marco do programa Libera, coa fin de chamar a atención sobre as consecuencias de abandonar residuos nos espazos naturais


Imagen de noticia

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Medio Ambiente, e a empresa ourensá Adolfo Domínguez, colaboran no desenvolvemento dunha actividade ambiental no marco do programa Libera, coa fin de chamar a atención sobre as consecuencias de abandonar residuos nos espazos naturais.

LIBERA, “unidos contra a basuraleza” é un proxecto creado pola ONG ambiental decana de España, SEO/BirdLife, en alianza con Ecoembes, a organización medioambiental sen ánimo de lucro que promove a economía circular a través da reciclaxe dos envases para liberar a natureza de lixo.

O proxecto conxunto entre a Concellería de Medio Ambiente e a multinacional ourensá Adolfo Domínguez céntrase na análise da contaminación difusa presente nos leitos do río Barbaña. O traballo de clasificación e análise deste tipo de refugallos permite unha mellor resposta para a súa eliminación e prevención por parte do Concello. Esta actuación forma parte da campaña de conciencia cidadá “1m2 polos ríos, lagos e embalses”, coa que se van a recoller datos sobre a tipoloxía de restos encontrados para deseñar mellores solucións de prevención e limpeza.

O concelleiro Jorge Pumar indica que esta actividade súmame as recentes actuacións que desde a Concellería de Medio Ambiente estanse a realizar para a posta en valor dos ríos da cidade (campañas de rozas e limpezas do leito) para o desfrute dos veciños ao longo dos meses estivais.

Ao longo do ano 2021, no programa Libera participaron para contribuír a atallar este problema ambiental 25.800 persoas, que analizaron e recolleron 135,5 toneladas de basuraleza en máis de 2.000 puntos naturais de toda España. A elo debese sumar que máis de 1.900 entidades científicas, educativas, empresariais e divulgativas e da Administración Pública uníronse á rede de colaboradores de LIBERA para loitar contra a basuraleza desde o seu inicio.