Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
12 de abril de 2022 - 13:57
A Concellería de Medio Ambiente sigue a traballar nas campañas de sensibilización ambiental entre a veciñanza. Nesta ocasión, en colaboración coa Agrupación Veciñal Miño, lanza un programa de fomento de plantación de árbores no rural da cidade de Ourense.
O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, considera as actividades de sensibilización ambiental como “un piar básico para construír o Ourense sostible que todos desexamos”. Para elo, afirma Pumar, a Concellería de Medio Ambiente “está aberta a calquera asociación que conte cun proxecto ambiental de interese para Ourense”.
A actividade do día de hoxe consiste no desenvolvemento do reparto de árbores entre os representantes das 20 asociacións veciñais do rural pertencentes á Agrupación veciñal Miño.
Jorge Pumar e a presidenta da Agrupación Miño, Lorinda Fernández, fixeron entrega de máis de 200 árbores entre a veciñanza comprometida coa súa plantación no espazo rural ourensán. Con esta actividade, ademais de fomentar dita plantación, o Concello ten tamén como obxectivo a loita contra a proliferación de especies invasoras nos bosques do rural ourensán.
Pumar Tesouro afirma que “a plantación de árbores é, sen dúbida, unha das grandes accións que se pode facer contra a loita contra o cambio climático, xa que os árbores convértense en fonte natural de absorción de CO2, ademais de ser unha grande fonte de saúde para todos”. O concelleiro lembra asemade que desde a Concellería de Medio Ambiente que dirixe, estase traballando na replantación de máis de 1.000 árbores nas rúas e parques da cidade.
Por último, o edil Jorge Pumar transmitiu o seu agradecemento aos presidentes das 20 asociacións veciñais do rural da cidade, así como á presidenta da Agrupación veciñal Miño, Lorinda Fernández, pola súa disposición e bo facer no desenvolvemento deste proxecto ambiental.