O Concello estrea unha nova web ourense.gal, cun deseño máis moderno, menú intuitivo e máis fácil de usar

7 de setembro de 2021 - 10:52

A web foi desenvolta polos enxeñeiros informáticos do Centro de Innovación Tecnolóxica Municipal, centro que segue esperando a axuda de Deputación e a Xunta para converterse nun Centro de Intelixencia Artificial


...

O Concello de Ourense estrea desde hoxe unha nova web municipal, www.ourense.gal. A páxina caracterízase polo seu deseño, máis moderno, máis fácil de usar (user-friendly) e o seu menú intuitivo. Con ela, “Ourense deixa de ter unha web do século XX, para adentrarse no presente”, asegura o goberno municipal.

A web foi desenvolta polos enxeñeiros informáticos do Centro de Innovación Tecnolóxica Municipal, centro que segue esperando a axuda de Deputación e a Xunta para converterse nun Centro de Intelixencia Artificial.

A web está desenvolta integramente polo persoal do Concello, o cal significa que pode variarse segundo as demandas, a diferenzas doutras webs, que usan estruturas pre-programadas, o que require cinguirse a estas con menos marxes de liberdade. En breve presentarase tamén a app municipal.