Responsive image 09-08-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

O Concello estudia adquirir o bloque de edificios entre as rúas Reza e Doutor Fleming para construír unha zona verde que revitalice a contorna

15 de xaneiro de 2022 - 15:09

O alcalde deulle instrucións a Urbanismo para que estudie a expropiación, que permitiría crear un parque “que pìde a gritos” esta zona


Imagen de noticia

O Concello de Ourense estudia adquirir os edificios situados na confluencia entre as rúas Doutor Fleming e Reza para crear unha zona verde que revitalice esta contorna urbana.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, deulle instrucións á Concellería de Urbanismo para que acometa o estudio da expropiación destes edificios, coa finalidade de obter a titulariedade dos terreos e poñer á disposición da veciñanza do barrio un novo espazo de lecer que mellore a súa calidade de vida.

Trátase, explica o alcalde, dun bloque de edificios “que levan anos abandonados, que afean dunha forma tremenda a zona, e que realmente está pedindo a gritos un pequeno parque. No Concello o estamos valorando, e xa demos orde a Urbanismo para estudiar a expropiación deses edificios coa finalidade de construír unha zona verde que lle daría unha calidade de vida e unha revitalización importante á zona, tanto da rúa Doutor Fleming coma á rúa Reza, coma a ese límite que hai xa co barrio do Couto”.