Responsive image 29-06-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

O Concello inicia o transplante de árbores da rúa Concordia

27 de abril de 2022 - 13:48

Pronostícase un éxito do 80% - 90% na operación, co que se disporá dunha serie de exemplares para a súa posterior plantación na ubicación máis adecuada da cidade


Imagen de noticia

O pasado 23 de abril daban comezo as obras de humanización e reforma da rúa Concordia, que inclúe a renovación completa dos pavimentos, beirarrúas e instalación de rampas.

Unha das laboras previas e imprescindible é a extracción dos árbores que alí estaban. Trátase de exemplares duns 10 anos de idade da variedade “Acer platanoides globosum”, que en xeral contaban con bo estado sanitario e desenvolvemento aceptable.

Dadas estas características, as árbores van ser transplantadas ás instalacións do viveiros municipal para o seu coidado, mantemento e posterior plantación nunha ubicación definitiva.

Estes traballos, a pesar de non ser a mellor época para realizalos, e co obxectivo de causar o menor dano posible a estes exemplares, vanse a executar en coordinación cos servizos técnicos do Concello, e a empresa adxudicataria.

 

Os traballos previstos son os seguintes:

  • Preparación de gavias e sustrato para a súa ubicación temporal no viveiro municipal.

  • Extracción de bordillos, formigón e beirarrúas circundantes.

  • Saturación do bulbo do cepellón por inundación previa.

  • Excavación perimetral do cepellón.

  • Consolidación do cepellón con materiais de presión, mallas e similares.

  • Protección do cuello da raíz e a base do tronco para o seu izado ao camión.

  • Extracción do exemplar con camión pluma e traslado ao viveiro.

  • Tratamento hormonal para estimulación de emisión de novas raíces no cepellón.

  • Plantación con sustrato fertilizado.

  • Podas de recuperación.

  • Rego e asentado.

 

Estes traballos propostos terán lugar o antes posible con todos os exemplares, e pronostícase un éxito do 80% - 90% na operación, co que se disporá dunha serie de exemplares para a súa posterior plantación na ubicación máis adecuada da cidade.