Responsive image 29-06-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

O Concello inicia os traballos de elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES)

26 de abril de 2022 - 14:00

O concelleiro Jorge Pumar indica que o desenvolvemento de esta ferramenta será clave para a preparación de Ourense ante os retos que esixe o cambio climático ás cidades de Europa


Imagen de noticia

A Concellería de Medio Ambiente inicia os traballos de elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxia Sostible (PACES). O concelleiro Jorge Pumar indica que o desenvolvemento de esta ferramenta será clave para a preparación de Ourense ante os retos que esixe o cambio climático ás cidades de Europa.

Pumar destaca que o proceso de elaboración do PACES da cidade será participativo, xa que calquera entidade da cidade, grupo de cidadáns ou cidadán interesado poderá aportar ideas ou consideracións para a redacción de dito plan. “Desta maneira entre todos faremos o Ourense Sostible do futuro”, afirma o concelleiro de Medio Ambiente.

Nesta primeira xornada de traballo, o concelleiro invitou aos partidos políticos con representación municipal a presentar as súas propostas de traballo para incluír no futuro plan, e explicoulles a folla de ruta dos traballos a desenvolver.

Os primeiros pasos daranse en dúas direccións: organización de reunións con axentes sociais e económicos de Ourense coa fin de coñecer as súas visións, opinións e temas de intereses para o desenvolvemento do Plan; e, en paralelo, traballarase coa recompilación de información de interese para a consecución dos obxectivos do plan a nivel local.

O Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía amosa a unión e o compromiso dos municipios rexistrados para reducir o 40% das emisións ata o 2030, e crear conciencia entre a cidadanía sobre a necesidade de alcanzar un consumo enerxético máis eficiente e sostible para loitar contra o cambio climático e facer das cidades un lugar máis descarbonizado, no que se poida acceder a unha enerxía segura, sostible e alcanzable. Ademais, búscase tamén estar preparados para os efectos a curto-medio prazo, mediante a adopción das medidas mitigadoras e adaptativas idóneas para estas flutuacións e perturbacións do clima nos próximos 10 anos, tendo en conta diferentes escenarios de cambio .

Este compromiso inclúe a elaboración do Plan de acción PACES, para o cal a Concellería de Medio Ambiente está aberta ás aportacións da cidadanía, e dos grupos de interese da cidade. Xa que o obxectivo é que este plan sexa un “traballo de todos, e que redunde no futuro de todos”, incide o concelleiro Jorge Pumar.