Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
18 de decembro de 2021 - 16:33
O Concello de Ourense quere recordar aos espectadores que asistan dende esta fin de semana aos eventos que se celebran no Auditorio Municipal (Best Guitar Band, hoxe sábado, Tributo a Frozen: a orixe do xeo e o Musical dos 80 aos 90, mañá domingo) o deber que teñen de presentar o certificado COVID correspondente, unha PCR negativa nas últimas 72 horas ou ben un test de antíxenos nas últimas 48 horas.
Esta obriga afecta a todos os cidadáns maiores de 12 anos.
Esta obriga aparece recollida no Diario Oficial de Galicia de 17 de decembro de 2021 que fai pública a Orde do 14 de decembro de 2021 pola que se establecen medidas preventivas de seguridade sanitaria consistentes na exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para o acceso a certos establecementos.
Ao tempo, convén non esquecer outras medidas sanitarias obrigatorias como o uso de máscara e a limpeza de mans con xel hidroalcólico.
Dende o Concello pedimos desculpas polas molestias que poidamos ocasionar aos asistentes a estes actos.