Responsive image 28-05-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

O Concello publica a resolución da convocatoria 2021 de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais

14 de decembro de 2021 - 08:00

As entidades beneficiarias teñen un prazo dun mes (até o 14 de xaneiro de 2022) para presentar as contas xustificativas da aplicación da subvención.


Imagen de noticia

Asuntos sociais

Expte: 2021003905

De conformidade co artigo 45.1b da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dase coñecemento do contido resolutivo da convocatoria de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais (BOP núm. 81, de 12 de abril de 2021) emitida por decreto 2021008753, de 26 de novembro de 2021.

En virtude do disposto no artigo 8 das bases reguladoras de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais (BOP Nº 163, do 17 de xullo de 2019), e, en exercicio das competencias delegadas (Decreto de Alcaldía-Presidencia núm. 2021005267, de 2 de xullo),

RESOLVO

Primeiro.- Aprobar a resolución da convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais do ano 2021 con cargo á partida 140.2318.48900 do orzamento municipal vixente, de acordo co seguinte detalle:

A.1) Adxudicar as seguintes entidades sen ánimo de lucro que cumpren os requisitos polos proxectos que se relacionan a contía que ascende a 324.129,93€. (trescentos vinte e catro mil, cento vinte e nove euros con noventa e tres céntimos).

ENTIDADE; NIF; PROXECTO; CONTIA

AIXIÑA; G32144669; Servizo de transporte adaptado para persoas con mobilidade reducida do Concello de Ourense; 27.930,00€.

Asociación de familias de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Ourense; G32198970; Apoio psicolóxico para familiares e coidadores/as de enfermos/as de Alzheimer; 27.315,59€.

Asociación Autismo Ourense; G32249484; Programa de promoción da autonomía persoal en persoas con Trastorno do Espectro de Autismo (TEA); 35.378,00€

Asociación Ourensana de esclerosis múltiple, Ela, Parkinson e outras enfermidades neurodexenerativas AODEM; G32209983; Proxecto interdisciplinar de atención a persoas con enfermidades neurodexenerativas e as súas familias da Provincia de Ourense. Ano 2021; 22.344,00€

Asociación de familiares de enfermos mentais MOREA A.F.E.M MOREA; G32187049; Integración social de persoas con enfermidade mental severa e as súas familias; 23.275,00€

Federación de asociacións de familiares e persoas con enfermidades mentais de Galicia (FEAFES GALICIA); G15545353;Servizo de prospeción e inserción laboral para persoas con enfermidade mental; 9.034,00€.

Asociación Por Eles TEA Ourense; G32490278; Programa de actividades dirixidas a persoas con TEA; 21.049,22€.

Asociación de familias de persoas con trastorno da comunicación social (TRASCOS); G32444119; Programa de desenvolvemento das competencias de intersubxectividade e das habilidades de comunicación social en persoas con Trastornos de Comunicación social e Trastornos de Espectro autista.; 9.034,00€.

Asociación Española contra o cancro Ourense (AECC); G28197564; Servizo de axuda e soporte psicosocial no fogar especializado en Oncoloxía; 20.597,52€.

Cáritas Diocesana de Ourense; R3200098F; Programa de actividades dirixidas a persoas en situación de exclusión social severa e en risco de exclusión; 29.204,00€.

CIMO Entidade prestadora de servizos; G32010449; Emprégate. Programa integral de axuda á reinserción social e laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social; 6.488,47€.

Federación Galega de Asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento FADEMGA Plena inclusión Galicia; G36620037; Servizos de emprego para persoas con dicapacidade intelectual de Ourense; 3.754,80€.

Asociación Red Madre Ourense; G32394082; Ánxela 2021; 2.420,40€.

Asociación de enfermos de Crohn e colite ulcerosa de Ourense ACCU; G32338725; Servizo de atención integral, promoción da autonomía persoal e inclusión social das persoas con enfermidades inflamatorias intestinais; 1.530,80€

Asociación de fibromialxia, síndrome de fatiga crónica e sensibilidade química múltiple de Ourense (AFFOU); G32303802; Atención psico-social e Rehabilitador a persoas con fibromialxia e fatiga crónica e os seus familiares.; 3.444,30€.

Asociación para a loita contra as enfermidades renais de Ourense (ALCER); G32011041; ALCER contigo (Programa de orientación e apoio na ERC, a persoas vulnerables ao COVID 19); 5.131,24€.

Asociación de persoas xordas de Ourense (APSOU); G32015463; Mellorando a accesibilidade das persoas xordas; 11.481,00€.

Asociación para a promoción social de persoas con dificultades de patoloxía dual psíquica (CADABULLO); G32359218; Promoción social de persoas con dificultades de Patoloxía dual psíquica; 7.654,00€.

Comité cidadán antisida Ourense; G32169609; Punto de encontro Calor e café; 1.722,15€.

Federación de asociacións de persoas con discapacidade de Ourense (DISCAFIS-COGAMI); G32117889; Proxecto de servizos especializados a persoas con discapacidade no Concello de Ourense; 12.552,56€.

Down Ourense; G32311870; Programa de Logopedia e Comunicación; 14.123,65€.

Asociación de dano cerebral adquirido (RENACER); G32306623; Integración e apoio social nas familias con dano cerebral adquirido; 16.986,38€.

Asociación diabética Auria; G32290546; Diabetes día a día; 5.544,92€.

ValoresC innovation; G70377585; A Tribo de Malala; 6.133,93€

A.2. Non é posible adxudicar, por falta de crédito orzamentario, ás seguintes entidades que cumpren os requisitos e para os seguintes proxectos:

Fundación Amigos de Galicia co NIF G15859911 para o proxecto “Plan integral de loita contra a pobreza e a exclusión social, integración sociolaboral no Concello de Ourense”.

APES co NIF G32383549 para o proxecto “Emprega Bitácora TICs”

IGAXES co NIF G15784978 para o proxecto “Programa formativo de intervención familiar”

Fundación neuroburgas dano neurolóxico co NIF G32472763 para o programa “Rehabilitación logopédica en persoas con dano neurolóxico”.

Asociación de discapacitados de Ourense ADO co NIF G32410797 para o proxecto “Taller prelaboral autoxestionado”.

Asociación Galega de Hemofilia, AGADHEMO co NIF G15220577 para o programa “Obradoiro de formación en hemofilia e outras coagulopatías”.

B) Denegar ás asociacións e entidades sen ánimo de lucro á subvención por non cumprir os requisitos necesarios para acceder á subvención solicitada:

As bases xerais reguladoras de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais, no artigo 1 indican que o obxecto das subvencións están destinadas a financiar programas, proxectos ou actividades que, sendo considerados de interese, promoción social ou utilidade pública para o Concello de Ourense, no eido dos servizos sociais, promovan as asociacións e entidades sen ánimo de lucro; os devantivos programas, proxectos ou actividades deberán ir dirixidas de forma prioritaria a persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade social.

AMENCER co NIF G32025405

Proxecto: Primeira Liña

Considérase que este proxecto non se axusta aos obxectivos e finalidade das bases por tratarse dun proxecto educativo, que da resposta as carencias educativas. É un proxecto destinado a mellorar as capacidades educativas dos menores con dificultades, a través dun apoio acompañado e un seguimento organizado. Trátase dunha proposta de educación formal, que combina educación regrada con educación informal no tempo libre, dando resposta ás necesidades educativas específicos de nenos e adolescentes da cidade.

FUNDACION DE SOLIDARIDADE AMARANTA co NIF G84913946

Proxecto. Acollida residencial e apoio á incorporación social de mulleres en contexto de prostitución e/ou vítimas de trata con fins de explotación sexual

Considerase que este proxecto non se axusta aos obxectivos e finalidade das bases por tratarse dun proxecto de igualdade, o proxecto pretende favorecer a integración persoal e incorporación social de mulleres afectadas pola prostitución e outras situacións de exclusión. Aborda os fenómenos da prostitución e a trata de mulleres para a súa explotación desde a perspectiva de vulneración de dereitos que sofren as mulleres destinatarias, dando unha resposta especializada en aquelas situacións onde as mulleres están en situación de risco ou desamparo,facilitan unha atención especializada que garante a protección, seguridade, e a reparación do dano, desde recursos específicos de atención ás vítimas de explotación sexual e trata de seres humanos sendo o perfil das destinatarias mulleres que precisan o recurso dunha casa de acollida.

PROVIVIENDA co NIF G79408696

Proxecto: Fogares: Inclusión a través da vivenda

Considerase que este proxecto non se axusta aos obxectivos e finalidade das bases ó tratarse dun proxecto que para a súa realización depende de terceiros, da vontade dos propietarios/as de vivendas para crear unha bolsa de vivenda, que é fundamental para poder desenvolver este proxecto.

Nas bases indícase que se ponderará ate con 15 puntos en base á “Relación que no proxecto se establece entre xustificaciónh, obxetivos, lugar de realización, poboación destinataria. Lugar de celebración: O proxecto fai referencia á súa celebración na provincia de Ourense.

Canto a poboación destinataria , o programa fai referencia a 11 potenciais beneficiarios, ainda que so se van alugar 3 vivendas, do que se supoún que, ou ben os beneficiarios terán que compartir vivenda, o que é incompatible con manter no tempo prestacións como Risga (6 meses en vivenda compartida)

Metodoloxia: non queda claramente establecida a metodoloxia que se segue á hora de selección dos beneficiarios. A entidade fala de derivacións por parte dos servizos sociais sen que a día de hoxe se poida acreditar a devandita solicitude de colaboración.

Recursos: non queda acreditado que a entidade dispoña das vivendas que oferta no momento da realización do proxecto nin que estea garantido que as poida obter.

FUNDACION AMIGOS DE LA BARRERA co NIF G32321978

Proxecto: Vibrando contigo

Programa especializado no aconpañamento en hipoacusia, sesións de coaching para un número máximo de 25 persoas. Non queda acreditada a necesidade do de aplicación de gasto de publicidade para 500 dípticos e páxina web; non se aprecia proporcionalidade entre o que se pretende conseguir e os medios que se pretenden empregar.

SUSTINEA co NIF G32422834

Proxecto: O Banco das Invisibles

Considerase que este proxecto non se axusta aos obxectivos e finalidade das bases, posto que carece de coherencia faltando concreción na especificación da metodoloxía a empregar.

Pretende crear un banco de servizos (limpeza no fogar, perruqueria, asistencia dental, fisioterapia...) subministrados por establecimientos comerciais e particulares para que as persoas sen recursos poidan disfrutar e facilitar a súa inserción sociolaboral. Trátase de un proxecto no que non queda acreditada a súa viabilidade posto que depende da vontade de terceiros, vontade que non acreditada no expediente e polo que non queda acreditada os concretos servizos que se poidan prestar e o número de persoas beneficiarias.

XARELA co NIF G32261307

Proxecto: Integrando para o emprego

Considerase que este proxecto non se axusta aos obxectivos e finalidade das bases ao tratarse dunha acción formativa prelaboral e laboral para adquisición de habilidades no desempeño dun oficio cunha duración de moi limitada de tempo tanto na parte teórica como na parte práctica. Está destinado para 15 persoas, cun seguimento de 6 meses.

ASOCIACION O NOBELO co NIF G32503583

Proxecto: Cree, Crea, Crece Xuntas no Camiño

Considerase que este proxecto non se axusta aos obxectivos e finalidade das bases a tratarse dun proxecto deseñado como unha intervención socioeducativa no contexto da educación non formal que transcorre na Ruta da Prata do Camiño de Santiago que percorre a Comunidade Autónoma.

Non constan inscrita no Rexistro de Asociacións Municipais ou no Rexistro de Fundacións estatal ou autonómico.Artigo 3.5 das bases reguladoras.

XERACCION S. COOP GALEGA co NIF F3247940

Proxecto: Sementando cidadanía

Non constan inscritas nos rexistro de asociacións municipais, como exise o punto 3.5 das bases reguladoras.

C) Aceptar a renuncia da subvención solicitada para a presente convocatoria por as seguintes entidades e para os seguintes proxectos.

ADIDO co NIF G32465171

Proxecto: Actividades formación

ARDAI co NIF G32456097

Proxecto: Animola

Proxecto: Animalando

Segundo.- Ordenar a publicación desta resolución na forma legal, no Boletín Oficial da Provincia e na páxina web municipal, publicación que substitúe a notificación, con todos os seus efectos, facendo constar que a dita resolución esgota a vía administrativa.

Contra a resolución poderase interpor, alternativamente, recurso de reposición, con carácter potestativo, ante o órgano que ditou ésta, dentro do prazo dun mes consonte os artigos 123 e 124 da lei de procedemento administrativo e, recurso contencioso administrativo ante o xulgado do contencioso administrativo de Ourense, dentro do prazo de dous meses, ao abeiro do disposto nos artigos 8, 45 e 46 da Lei 28/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

Terceiro.- Dar traslado da resolución á Tesourería Municipal.

O Manda e asina a Concelleira delegada de Política social.

Documentación:

Resolución da convocatoria de subvencións en galego (PDF)