O Concello realizará esta semana obras de reposición do firme da Avda de Portugal

10 de setembro de 2021 - 12:01

As obras realizaranse por tramos, que estarán pechados ao tráfico rodado, con excepción de residentes, autobuses e vehículos de emerxencia, mentres se esté traballando neles.


...

O Concello de Ourense iniciará o próximo luns, 13 de setembro, obras de reposición do firme de varios tramos da Avenida de Portugal. Os traballos realizaranse por fases, comezando pola zona máis próxima á rúa de Marcelo Macías e avanzando progresivamente até rematar na Praza do Couto. A duración que se prevé para o conxunto das actuacións é 5 días, aínda que podería variar en función da meteoroloxía e da boa marcha dos traballos.

As obras realizarase por tramos, que estarán pechados ao tráfico rodado, con excepción de residentes, autobuses e vehículos de emerxencia, mentres se esté traballando neles. Os tramos iranse pechando e abrindo progresivamente, a medida que se avance cos traballos de reposición de firme:

  • Tramo 1: Desde a intersección con Marcelo Macías até a intersección coa rúa Aturuxo.
  • Tramo 2: interseccións das rúas Aturuxo e Vila Valencia.
  • Tramo 3: interseccións das rúas Vila Valencia e Pura e Dora Vázquez.
  • Tramo 4: interseccións das rúas Pura e Dora Vázquez e a Praza do Couto.
  • Tramo 5: Praza do Couto.

O Concello de Ourense prega desculpas polas molestias que poida ocasionar a execución destes traballos, que son necesarios para o axeitado acondicionamento desta rúa.