Responsive image 09-08-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

O Concello solicita subvencións para investir 16 millóns en actuacións de mobilidade urbana

29 de setembro de 2021 - 12:51

O proxecto deseñado polo Concello inclúe medidas para acalmar o tráfico, instalación de elementos de mobilidade vertical, humanización de rúas, vídeo vixilancia do acceso de vehículos ao casco vello e compra de autobuses eléctricos | A xunta de goberno aprobou esta mañá a participación de Ourense na convocatoria de axudas a concellos


Imagen de noticia

A xunta de goberno local aprobou esta mañá a participación do Concello de Ourense no procedemento de solicitude de subvencións da convocatoria 2021 do Programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e a transformación dixital e sostible do transporte urbano, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

O Concello presenta un proxecto que reúne actuacións para acalmar o tráfico con pasos de peóns, luminosos e elevados, e sistemas ce control de velocidade; instalación de elementos de mobilidade vertical e humanización de rúas, e a posta en marcha dun sistema de vídeo vixilancia de control do acceso de vehículos ao casco vello, así como a adquisición de autobuses eléctricos para renovar o servizo municipal de transporte urbano.

Para estes efectos, a xunta de goberno aproba 3 actuacións, coa súa dotación orzamentaria, e un orzamento total de 16.815.507,60 euros, IVE engadido:

  1. Actuación número 1, coa finalidade de calmar o tráfico, con 3 accións, que suman un orzamento total de 1.161.573,48 euros

  • Accións para mellorar a seguridade dos peóns mediante a implantación de pasos de peóns luminosos:

Custo elixible: 382.927 €, custo total da acción: 463.341,67€

  • Realización de pasos de peóns elevados (redutores de velocidade e bandas transversais de alerta:

Custo elixible: 344.751,08 €, custo total: 417.148,81€

  • Instalación de sistemas de control de velocidade: instalación de 7 cinemómetros fixos en puntos especialmente sensibles da rede viaria municipal e adquisición dun 1 cinemómetro portátil:

Custo elixible: 232.300 €, custo total: 281.083 €

 

  1. Actuación número 2: de implantación de elementos de mobilidade vertical, humanización de rúas e vídeo vixilancia no centro histórico, cun orzamento total de 8.696.434,25 €

a) Implantación de elementos de mobilidade vertical (tapices rodantes e escaleiras mecánicas) en rúas peonís ou en rúas lindeiras coa actual zona peonil, para as que está prevista a súa peonalización a curto prazo:

  • Proxecto de humanización, mellora da accesibilidade vertical e reforma integral da rúa Concordia.

Custo elixible: 3.840.029,73 €, custo total: 4.646.435,97€

  • Mellora da accesibilidade vertical na rúa Coenga.

Custo elixible: 405.785,80 €, custo total actuación: 491.000,82 €

  • Proxecto de humanización e mellora de accesibilidade vertical na rúa Arturo Pérez Serantes.

Custo elixible: 1.725.500 €. Custo total actuación: 2.087.855€

b) Humanización de rúas lindeiras coa actual zona peonil, ampliando e mellorando o itinerario peonil nas devanditas rúas e a súa accesibilidade, reducindo o tráfico rodado:

  • Proxecto de rehabilitación das rúas Valle – Inclán, Ramón Cabanillas e Bedoya (desde a intersección con Valle Inclán ata a avenida Buenos Aires).

Custo elixible: 1.039.520,21 €, custo total actuación: 1.257.819,45

  1. Instalación dun sistema de videovixilancia mediante lectura de matrículas para o acceso de vehículos ao centro histórico.

Custo elixible: 176.300 €, custo total: 213.323€

 

  1. Actuación número 3: Adquisición de autobuses eléctricos:

Custo elixible: 5.750.000 €, custo total acción nº 3: 6.957.500 €
 

A xunta local acorda solicitar, para estas tres actuacións a máxima subvención que proceda con respecto ao seu custo elixible (4.753.953 euros) ao amparo da convocatoria correspondente ao exercicio 2021 do Programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e a transformación dixital e sostible do transporte urbano, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Asume o compromiso de que o Concello de Ourense dispoñerá dos recursos para as actuacións subvencionadas, e que terá implantada unha Zona de Baixas Emisións en 2023.