O Concello suprimirá a OMIC e destinará os seus recursos a reforzar servizos máis prioritarios

9 de setembro de 2021 - 10:37

Gonzalo Pérez Jácome entende que este servizo municipal non é necesario dado que existe un de similares características, que presta a Xunta de Galicia


...

O Concello de Ourense suprimirá o servizo da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC). Así o anunciou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, que entende que este servizo municipal non é necesario dado que existe un de similares características, que presta a Xunta de Galicia, que atende suficientemente as necesidades da cidadanía en materia de consumo. Coa supresión da OMIC, o Concello liberará recursos que destinará a reforzar outros servizos municipais máis prioritarios.