Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
18 de xaneiro de 2022 - 11:08
O goberno municipal introducirá novidades este ano na celebración dos Maios coa finalidade de “revitalizar” esta tradicional festividade local. Asi o anunciou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen explica que “queremos retomar esta celebración, logo de dous anos sen poder celebrala, e queremos facelo incorporando novidades que lle dean forza a esta festividade”.
O Concello fomentará un ano máis a realización dos maios por parte de particulares e colectivos da cidade, convocando o tradicional concurso, que premia cada ano as mellores creacións que realicen asociacións culturais, colexios, grupos, colectivos veciñais, entidades e calquera persoa que o desexe. Os traballos que realicen serán expostos na rúa, para que o público ourensán poida desfrutar das creacións artísticas.
A principal novidade chegará despois. O xurado elixirá o maio gañador e este será queimado na Praza Maior nun evento popular e festivo que pretende xerar un novo atractivo e fomentar a participación na festa. Gonzalo Jácome explica que “queremos facer unha innovación porque queremos revitalizar a festa. Mantemos a exposición pola mañá e pola tarde faremos este acto festivo. Sería coma as fallas de Valencia pero ao revés. É dicir, en vez de indultar a falla gañadora, o que faremos é que ao maio gañador se lle condenará e o queimaremos na Praza Maior, por suposto, con todas as medidas e protocolos de seguridade necesarias”.
Explica o alcalde que a queima do maio gañador representará “unha festa de purificación, un pouco evocando tamén os nosos pasados celtas”. Será, conclúe o alcalde, un evento que quere “darlle forza” á celebración e potenciar así esta cita do calendario festivo tradicional da cidade de Ourense, ao que quere darlle un novo pulo o rexedor.