Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
4 de novembro de 2021 - 14:24
O goberno municipal presentará a aprobación por parte do Pleno do Concello a proposta de modificación orzamentaria 3P/2021, que ten como obxectivo mobilizar un total de 12.875.444,39 euros procedentes do remanente de tesourería para dotar crédito en diferentes partidas. Entre elas, destaca unha achega de 10 millóns de euros para subvencións de fomento da actividade económica local, destinadas a hostalaría e ao comercio, sectores que sufriron especialmente o impacto económico ocasionado pola pandemia da COVID-19. Trátase dunha axuda que previamente fora acordada cos grupos políticos municipais.
A concelleira de Facenda, Ana Morenza, presentará a proposta diante do pleno do Concello nunha sesión extraordinaria que terá lugar o vindeiro mércores, 10 de novembro, no Auditorio. “Con esta contía cumprimos co compromiso acadado con ambos sectores”, explica a responsable de Facenda no Concello de Ourense, que agarda “contar co apoio da oposición para facer efectivas estas axudas tan necesarias: sen ese apoio será materialmente imposible”, di.
A modificación orzamentaria inclúe tamén os convenios coas agrupacións de asociacións veciñais Limiar (15.200€) e Miño (15.200€), a Asociación Xuvenil Amencer pola organización do Campamento Urbano (11.000€), o Liceo (6.000) e a Federación de ANPAs públicas (66.000€). Tamén destina 353.700 euros para o funcionamento da Escola Galiña Azul e unha partida de 1,8 millóns de euros para a expropiación da denominada Finca Acebedo, na Cruz Alta, entre outras partidas.