O Museo Municipal trasladará a totalidade da súa programación expositiva á Sala Valente para ter mellor localización e visibilidade

8 de setembro de 2021 - 11:56


...

En busca dunha maior difusión cultural, o Museo Municipal, sito na rúa Lepanto número 6, trasladará a totalidade da súa futura programación expositiva á Sala Valente, na rúa do Paseo, número 20, a partir do 1 de outubro de 2021.

O motivo deste cambio das exhibicións á Sala Valente, obedece a unha mellor localización e así visibilidade. “Buscamos mellorar co cambio”, asegura o goberno municipal.

A sede administrativa do Museo si que se manterá operativa no edificio da rúa Lepanto, así como as actividades de investigación, de xestión de fondos, de intercambios museísticos, de prácticas universitarias e de custodia.

A programación das exposicións na Sala Valente, que ata o de agora se dirixía desde a xefatura de servizo da Concellería de Cultura, dependerá agora directamente da directora do museo, Eva Torres, xunto ao responsable político da área de Cultura, neste caso o propio alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.