Responsive image 27-05-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

Ourense licita o primeiro plan de rozas especializado para atender as demandas dos veciños do perímetro rural do municipio

21 de xaneiro de 2022 - 12:08

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, destaca que este plan nace para atender as demandas solicitadas polos veciños do rural, as asociacións veciñais, e a Federación Limiar, e Agrupación Miño.


Imagen de noticia

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Medio Ambiente, inicia a contratación dun plan de rozas específico para o rural ourensán. Así quedou aprobado na xunta de goberno celebrada esta mañá.

O concelleiro responsable, Jorge Pumar, destaca que este plan nace para atender as demandas solicitadas polos veciños do rural e os seus representantes veciñais, Agrupación Miño, e Federación Limiar.

Pumar destaca que “é a primeira vez que no Concello deseñamos un programa de actuación específico de rozas para atender as demandas concretas transmitidas polos veciños do rural ourensán”.

O novo servizo permitirá mellorar a seguridade dos viais de tráfico, axudar á prevención de incendios forestais e facilitar o desfrute no ocio dos espazos públicos no perímetro da cidade.

A licitación suma un orzamento de 85.750,63€ euros, dividido en dous lotes, que permitirá á Concellería de Medio Ambiente atender a demanda de todas as localidades do rural da cidade.

Os traballos do plan centraranse nos accesos a núcleos de poboación do rural, e na limpeza de camiños públicos, pistas forestais, e limpeza e mantemento de viais de tráfico para a seguridade nos desprazamentos dos veciños. Outros dos labores que se desenvolverán serán a limpeza dos espazos de ocio dos veciños.