Responsive image 26-05-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

Presentación do novo autobús do Club de fútbol CENTED Academy, rotulado para promocionar os atractivos turisticos de Ourense

25 de xaneiro de 2022 - 11:54

O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome e representantes dos grupos políticos municipais e provinciais, asistiron esta mañá á presentación na Praza Maior


Imagen de noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e representantes dos grupos políticos municipais e provinciais, asistiron esta mañá á presentación do novo autobús do Club de fútbol CENTED Academy, rotulado con motivos da cidade e da provincia de Ourense, que será o que utilicen os xogadores do equipo nos seus desprazamentos.

Gonzalo Jácome afirmou que “é unha honra recibir na Praza Maior a este club de fútbol” que, aínda que xoga habitualmente en Vilariño, ten as súas oficinas e o seu centro de formación en Ourense, e “darlles a benvida e apoiarlles a eles e a todos os clubs da cidade”. O rexedor felicitou ao club pola iniciativa e asegurou: “no que poidamos, aí estaremos”.

Pola súa banda, o presidente do club. Manu Cerón explicou os motivos desta iniciativa: “Á parte da formación dos nenos, entendemos fundamental tb darlle valor a ourense, cidade e provincia. Temos uns atractivos enormes e con esta campaña, Facendo provincia e facendo cidade, queremos dar a coñecer todas as marabillas que temos, que non son poucas, cada vez que nos depracemos a xogar fóra da cidade”.