Responsive image 26-05-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

Suspendida a folga do servizo limpeza e recollida de lixo logo da mediación do alcalde

8 de decembro de 2021 - 20:56

A folga do servizo de limpeza e recollida de lixo, que ía comezar mañá, foi suspendida logo de que traballadores e empresa chegasen esta tarde a un acordo trala mediación do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome


Imagen de noticia

A folga do servizo de limpeza e recollida de lixo, que ía comezar mañá, foi suspendida logo de que traballadores e empresa chegasen esta tarde a un acordo trala mediación do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen participou activamente nas negociacións. O alcalde e o presidente do comité de empresa, Francisco Álvarez, anunciaron a suspensión da folga, que se producía apenas 4 horas antes do remate da última xornada anterior ao inicio do paro no servizo.

Gonzalo Jácome valorou positivamente o acordo entre as partes e destacou a flexibilidade que amosaron, especialmente os traballadores “que tendo unhas pretensións iniciais adaptáronse bastante para chegar a un acordo coa empresa”. A partir de agora, traballadores e empresa iniciarán unha segunda fase de negociación doutros aspectos, que o alcalde agarda que “cheguen a un bo porto e se poida asinar”.

Francisco Álvarez, presidente do comité de empresa valorou positivamente o acordo, co que os traballadores “recuperamos poder adquisitivo” e agradeceu a participación do alcalde xa que, dixo, “se non fose pola súa mediación non sería posible este acordo”. Álvarez explicou que traballadores e empresa seguirán negociando agora temas como os asuntos propios, a contratación e a provisión de vacantes.