Responsive image 26-05-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

Últimos días para visitar a exposición “Terra de soños”, de Cristina García Rodero, na Praza do Bispo Cesáreo

5 de xaneiro de 2022 - 08:41

Organizada polo Concello e a Fundación “la Caixa”, reúne 40 fotografías que reflicten a vida cotiá en Anantapur, na India


Imagen de noticia

A exposición de fotografías de Cristina García Rodero "Tierra de Sueños", organizada pola Fundación ”la Caixa” e o Concello de Ourense, chegará ao seu remate pasado mañá, venres, día 7 de xaneiro, logo de estar aberta ao público durante máis dun mes na Praza do Bispo Cesáreo.

O Concello lembra que son os últimos días para desfrutar con esta espectacular exposición, que recolle 40 fotografías que reflicten a vida cotiá dos habitantes de Anantapur, no estado de Andhra Pradesh, unha das zonas máis pobres da India, onde viven as comunidades máis marxinais e vulnerables do país.