Responsive image 26-05-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

Visita do alcalde ao Campamento Urbano de Amencer

11 de agosto de 2021 - 13:42


Imagen de noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, achegouse esta mañá ao colexio Salesianos para saudar ao equipo organizador e á rapazada que participa no Campamento Urbano de Amencer. O rexedor felicitou á asociación polo gran traballo que desenvolven con esta actividade e animou a rapaces e rapazas a desfrutar con esta experiencia e cos moitos tesouros que garda a cidade e que Amencer, con este campamento, lles dá a coñecer.

O Campamento Urbano Cidade de Ourense celebra a súa edición número 34, desde o día 2 ao 12 de agosto. Baixo o lema “A diversión de sempre” a rapazada de entre 8 e 16 anos ten a oportunidade de desenvolver de xeito gratuíto unha chea de actividades na cidade durante as dúas primeiras semanas de agosto, nas que gozan das vacacións escolares. Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Ourense.