Alcaldía

Pr. Maior, 1, 32005 Ourense

Centro Histórico

Teléfono: 988388100

Responsive image

Saúdo do Alcalde

Compráceme darvos a benvida, en nome de tódolos ourensáns, a páxina web do Concello de Ourense, o cal teño a honra de presidir. Benvidos veciños, veciñas e demais visitantes da nosa web.

Con este espazo queremos facer máis grande a nosa Casa do Concello, chegar aló onde vos atopedes, e permitirvos realizar, cada vez máis, as xestións que precisedes no voso día a día, coa maior eficiencia e eficacia posible, resolver aquelas dúbidas que vos xurdan, aportarvos información diaria do que ocorre nesta casa, proporcionarvos acceso ás normas que rexen na nosa administración, impresos, etc.

Internet veu para quedarse nas nosas vidas e dende o Concello non obviamos esta realidade, como tampouco obviamos que as nosas veciñas e veciños agardan de nós o mesmo trato humano que puidera dispensarse presencialmente por todo o equipo humano que conforma esta casa: grupo de goberno, corporación municipal, funcionarios e demais persoal.

Desexamos que esta ferramenta vos resulte produtiva para resolver de formar dilixente os trámites administrativos que precisedes, pero tamén útil para aqueles que nos visitan e atopar aquí unha guía informativa que lles permita coñecer mellor a nosa cidade, como moverse por ela, que monumentos visitar, como gozar da nosa gastronomía, cultura,... en definitiva, acompañarvos nunha vivencia que faga posible que vos lembredes de nós, as xentes, a cidade, que non poidades esquecernos en moito tempo.

Temos a xente, temos a paisaxe, os produtos da nosa terra, as augas quentes e unha cidade con historia, moita historia, que leva séculos crecendo ao redor delas, cun importante patrimonio que, abofé, vos vai sorprender.

Gonzalo Pérez Jácome

Alcalde-presidente del Concello de Ourense