Dotado con 5.700 euros, o programa formativo “está destinado aos coletivos en risco de exclusión social, e permitirá dotalos de competencias para a empregabilidade”, en palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, presente na sinatura do convenio entre a responsable de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, e o director de Viaqua, Julio Masid.
Liñas de colaboración formativas e sociais
Esta non é a primeira vez que Viaqua e Concello de Ourense colaboran en actividades sociais e formativas, unha liña de actuación moi beneficiosa para a cidade. A limpeza da marxe dereita do río Miño a través dunha xornada de voluntariado, ou os ciclos sobre o ciclo da auga desenvolvidos en La Molinera son só algúns exemplos desta frutífera colaboración.
O último deles, a pioneira iniciativa Arquimakers Kids, pretende dotar de recursos informáticos os máis pequenos -cativos de 8 a 12 anos- á vez que concienciar sobre a importancia da auga no desenvolvemento futuro das cidades, xa toma forma no centro de coñecemento.