A Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense ven de publicar o anuncio para as empresas interesadas en participar no programa de adquisición de xoguetes dentro da Campaña de Reis 2017.
O obxectivo da campaña é a adquisición de 440 xoguetes para nenos e nenas de idades comprendidas entre un e dez anos.
A empresa subministradora axustaráse aos precios e produtos propostos sen poder exceder, en ningún caso, o total de 13.405,16 euros, IVE incluido.
A empresa deberá ter un local comercial no termo municipal de Ourense para facilitar a recollida de xoguetes ás familias.