Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

Como base fundamental na elaboración do Plan de infancia e adolescencia traballamos na realización do Informe de situación de infancia e adolescencia do Concello de Ourense, documento complexo e altamente participativo que nos conduciu á determinación do diagnóstico da infancia e adolescencia no Concello de Ourense.

A iniciativa e os traballos de elaboración do I Plan municipal de infancia e adolescencia supoñen un avance no enfoque de traballo marcado por UNICEF cuia máxima é “facer efectivos os dereitos recoñecidos na convención dos dereitos do neno”, camiño que se iniciou no ano 2015 ca firma dun convenio con esta organización polo que se recoñece a Ourense “municipio aliado” e que pretende avanzar neste camiño mediante a adhesión do municipio ao programa de cidades amigas da infancia.

O Plan -aprobado na sesión ordinaria de Xunta de Goberno Local de 8 de marzo de 2018- implica:
Contar cun instrumento de planificación coordinada das políticas públicas municipais nas diferentes áreas que afecten á infancia e á adolescencia e polo que se de satisfacción ás necesidades da poboación infantil e adolescente mediante unha xestión óptima de recursos nunha periodización de catro anos.
Avanzar na coordinación de xeito que o persoal municipal coñeza os diferentes programas e recursos municipais e se promova unha planificación conxunta e consensuada, evitando duplicidades.
Instaurar como ferramenta de traballo a participación de todos os axentes e fundamentalmente, a dos nenos, nenas e adolescentes.

Documentos