Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

O vindeiro luns 17 de setembro, o Centro Interxeracional celebrará unha xornada de portas abertas. Así o anunciou o alcalde, Jesús Vázquez Abad, quen sinala que "deste xeito, toda a cidadanía de Ourense poderá achegarse a coñecer estas magníficas instalacións. Un equipamento que sitúa a Ourense na vangarda do eido asistencial".

O rexedor agradece á Fundación Amancio Ortega o seu financiamento para un proxecto deseñado e concebido desde o Goberno Municipal, así como á Xunta de Galicia, "por acadar que ese soño que plantexamos a finais do ano 2015 sexa por fin unha realidade"

De feito, o Centro Interxeracional contará con 82 prazas para cativos e cativas na Escola Infantil e precisamente a semana pasada a Xunta anunciou a licitación do servizo do Centro de Día de Maiores, que contará con 80 prazas para a atención a maiores. "Unha excelente noticia que nos achega aínda máis a unha infraestrutura clave no presente mandato municipal, non só polo importante investimento (máis de 7 millóns de euros), senón tamén pola creación de emprego que suporá e a mellora substancial na atención ás persoas maiores e cativas, cun modelo innovador en toda España".

O rexedor agradece á Fundación Amancio Ortega o seu financiamento para un proxecto deseñado e concebido desde o Goberno Municipal, así como á Xunta de Galicia, "por acadar que ese soño que plantexamos a finais do ano 2015 sexa por fin unha realidade".