De conformidade co disposto no artigo 18 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase síntese do contido dos acordos da Xunta de Goberno Local, adoptados en sesión extraordinaria e urxente de 28 de decembro de 2018, relativos á aprobación de convenios de colaboración e polos que se faculta a sinatura do alcalde en representación do Concello de Ourense.
Importe; Convenio
25.000,00€ Colaboración entre o Concello de Ourense e a entidade “Asociación de familiares de enfermos de alzheimer e outras demencias de Ourense (AFAOR) para o financiamento de obradoiros de estimulación cognitiva e axudas técnicas.
125.000,00€ Colaboración entre o Concello de Ourense e a entidade Cáritas Diocesana de Ourense para financiamento do comedor social.
15.000,00€ Colaboración entre o Concello de Ourense e a entidade Banco de alimentos de Ourense para financiamento da actividade de Banco de alimentos.
15.000,00€ Colaboración entre o Concello de Ourense e a entidade Asociación de persoas con discapacidade de Ourense (ADO) para o financiamento do proxecto de fomento e desenvolvemento da autonomía para persoas con discapacidade intelectual.
3.103,12€ Colaboración entre o Concello de Ourense e a entidade Asociación Por Eles Tea Ourense para o financiamento do proxecto Terapia ocupacional-Enfoque de integración sensorial.