O programa Vacacións con Traballo leva funcionando ininterrompidamente desde o ano 2005. Ata hoxe, viaxaron a través do mesmo 44 persoas, que xenerosamente e na maioría dos casos ofreceron o seu mes de vacacións para cooperar, desprazáronse aos países onde o Fondo Galego ten presenza estratéxica, contribuíndo así á mellora da calidade de vida da poboación e xerando fluxos de coñecemento compartido, ideas e contactos.
Enténdese coma un programa de dobre dirección onde ambas partes aprenden, e onde a implicación das/dos candidatas/os é imprescindible.
Para máis información:
vacacionescontraballo.wordpress.com
Documentos