Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

Despois de doce anos enviando a persoal dos concellos socios a colaborar cos parceiros no Sur a través das Vacacións con Traballo, en 2017 o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade deulle a volta ao programa. Nos últimos tempos, unha demanda frecuente dos municipios do Sur é profundar nesta colaboración técnica facilitando que o seu funcionariado se desprace a Galicia para formarse en diferentes materias dentro da administración local. Deste xeito, o programa Vacacións con Traballo en Galicia ten como misión fortalecer ao persoal técnico municipal dos países cos que traballamos, para o que procuramos un intercambio de experiencias naqueles concellos galegos dispostos a facer de anfitrións e cunha traxectoria destacada na área sobre a que se procura o fortalecemento.

En que consiste?
O programa Vacacións con Traballo en Galicia consiste na viaxe ata o noso país de técnicas e técnicos municipais ou de asociacións de municipios dos países cos que mantemos unha relación de cooperación. Durante a súa estadía visitan varias administracións locais galegas nas que coñecen a experiencia de xestión nas áreas remarcadas como de maior interese segundo o seu perfil. O tempo de estadía en cada un dos municipios/deputacións participantes é de entre unha semana e quince días (fins de semana incluídas).

Quen pode participar?
Todos os concellos e deputacións socias do Fondo Galego poden presentar as súas candidaturas para acoller ao técnico que nos acompañará nesta terceira edición, enviando a ficha de solicitude cuberta a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ata o vindeiro 31 de xullo.

Documentos: