Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais do Concello de Ourense. A finalidade destas bases é regular o procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a financiar programas, proxectos ou actividades que, sendo considerados/as de interese, promoción social ou de utilidade pública para o Concello de Ourense, no eido dos servizos sociais, promovan as asociacións e entidades sen ánimo de lucro. Os devanditos programas, proxectos ou actividades deberán ir dirixidas de forma prioritaria a persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade social.

Podes consultar as Bases no Boletín Oficial da Provincia do 17 de xullo de 2019 [ENLACE ao BOP 17 de xullo 2019]

De seguido, os anexos ás bases (descarga formato .pdf):

Ademais, xa podes consultar a Convocatoria no Boletín Oficial da Provincia do 30 de xullo de 2019. [ENLACE ao BOP 30 de xullo 2019].