Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

O Concello pon en marcha a programación de actividades de envellecemento activo para o curso 2019/2020, cun total de 28 propostas de saúde e lecer destinadas a persoas de 60 ou máis anos, empadroadas no Concello de Ourense. O vindeiro mércores, día 25 de setembro abrirase o prazo de inscrición, que se deberá realizar online a través da páxina web Cursos Asuntos Sociais cubrindo un formulario que estará dispoñible na web desde ese mesmo día ás 9h.

As normas de inscrición e a oferta completa de cursos para a convocatoria 2019/20 xa se poden consultar na páxina web. As persoas que teñan algunha dificultade para inscribirse a través de internet, poderán dirixirse ao Centro Cívico Colón, (rúa Colón n.º 18, 2º) ou ás oficinas de Atención ao Cidadá (sitas na Praza Maior, n.º 1, baixo) para que lles fagan a súa inscrición, en horario de 9h a 13h. O prazo estará aberto até o 2 de outubro ás 24h.

A programación deseñada pola Concellería de Política Social incorpora novas propostas para as persoas maiores: Iniciación ás redes sociais, Curso de manexo e uso de dispositivos móbiles (con 2 grupos), Uso de teléfono móbil e tablets (2 grupos), Baile de verbena, Ximnasia abdominal hipopresiva, Estimulación da memoria (con 4 grupos) ou Estimulación cognitiva.

Tamén se lle dá continuidade a outras propostas xa consolidadas, que veñen contando cunha alta participación durante os últimos anos: Cachibol, Ximnasia (varios grupos), Teatro, Actividade Física e memoria, Pilates (varios grupos), Risoterapia, Manualidades creativas (varios grupos), Ioga (2 grupos), Relaxación e redución do estrés, Curso avanzado de informática (2 grupos), Obradoiro de memoria, Canto coral, Tai-Chi (2 grupos), Natación, Aquagym, Coaching para maiores, Animación creativa á lectura e á escrita e Iniciación á informática (2 grupos)