Persoas e colectivos poderán beneficiarse do uso das instalacións dos centros cívicos, sempre que non desenvolvan unha actividade profesional ou laboral nas súas instalacións.
A cidadanía poderá solicitar o uso das dependencias ou equipamentos do centro cívico que estean dispoñibles para iso, sempre que o destinen a un fin público e para actividades sen ánimo de lucro destinadas ao desenvolvemente cultural e social e para a promoción da vida asociativa.
A autorización da cesión de espazos farase tras a entrega dunha solicitude (que non supón a concesión do espazo) e seguindo un criterio de prioridade.
Centros Cívicos en Ourense
- Centro Cívico de A Cuña. Rúa Manuel Peña-Rey, número 18. Teléfono: 988.61.90.58
- Centro Cívico de A Ponte. Rúa Eulogio Gómez Franqueira, número 43. Teléfono: 988.51.19.11
- Centro Cívico Colón. Rúa Colón 18-20. Teléfono: 988.39.31.07
- Centro Cívico As Termas. Praza 200. Teléfono: 988.68.67.64
- Centro Cívico Seixalbo. Rúas Estreita, número 1. Teléfono: 988.24.29.14
- Centro Cívico Ceboliño (gestionado pola Asociacion de Veciños de Ceboliño)