Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

O Concello de Ourense convoca as axudas que lles darán apoio ás familias ourensás para a compra de libros e material escolar e comedores escolares no próximo curso 2020/2021. O Boletín Oficial da Provincia de Ourense de hoxe, venres, 19 de xuño, publica o extracto desta convocatoria, cuxo orzamento ascende a un total de 294.250 euros, cun incremento de máis de 50.000 euros fronte ao curso anterior, dos que 269.000 serán para axudas para comedores escolares e 25.000 para libros (20.000 no curso 2019/2020).

 

Xunto a esta convocatoria, ordinaria, de axudas para libros e comedores, que se realiza todos os anos, a Concellería de Política Social traballa tamén nunha segunda convocatoria, extraordinaria, co obxectivo de que “ningunha familia que precise estas axudas quede sen elas”, sinala a concelleira Eugenia Díaz Abella.

As axudas están dirixidas a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes e empadroadas no Concello de Ourense que non superen os 3.500 euros de renda per capita anual, que teñan nenos ou nenas ao seu cargo estudando en centros públicos ou concertados de Ourense.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello de Ourense, na Praza Maior, ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, achegando a documentación requirida nas bases reguladoras. O prazo para presentar as solicitudes abrirase o luns, 22 de xuño, e permanecerá aberto durante 15 días hábiles, até o 13 de xullo.

Requisitos

Os requisitos, os mesmos da convocatoria do curso anterior, son que a familia estea empadroada no Concello de Ourense, con tres meses mínimo de antigüidade, todos os membros da unidade de convivencia e non superar os 3.500 € de renda per capita anual. Computarase un membro máis no caso de presentar algunha das persoas unha discapacidade igual ou superior ao 33%, e tamén no caso de ser familia monoparental (aquela constituída por unha soa persoa proxenitora ou titora con que convive o neno ou a nena, e que sexa a única sustentadora da familia).

DOCUMENTACIÓN

Toda a información sobre a convocatoria está na Sede electrónica do Concello de Ourense