Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

A Concellería de Asuntos Sociais pon en marcha unha nova edición do programa de Envellecemento Activo, dirixido a persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Ourense.. Consta dun total de 32 cursos e obradoiros en diferentes disciplinas: teatro, baile, manualidades, Tai-Chi, ximnasia, natación, risoterapia, ioga, cachibol ou estimulación da memoria, entre outras. Como novidades, incorpora este ano cursos de espalda sana e arte terapia e un obradoiro de ansiedade e estrés.

As persoas interesadas poderán realizar a súa inscrición en liña a través da páxina web www.ssociaiscursos.com, cubrindo un formulario. O prazo de inscrición estará aberto até o día 6 de novembro ás 24:00h.

Tamén poden consultar na web as normas de inscrición e a oferta de cursos a convocatoria. Para máis información ou en caso de dúbida ou dificultades para inscribirse por Internet, poden dirixirse á Concellería de Asuntos Sociais (988 393107, 988 388171).

Os cursos desenvolveranse en diferentes espazos: centros cívicos, academias, ximnasios, ou o pavillón dos Remedios, en horarios de mañá ou tarde, un ou máis días á semana, segundo o curso en concreto.

Cada persoa poderá solicitar un máximo de 3 actividades, por orde de preferencia. Para adxudicar as prazas teranse en conta a orde de presentación das solicutudes e a preferencia do curso ou actividade .

A causa da pandemia, os cursos serán reducidos e adaptados ás medidas de prevención necesarias para facer fronte á pandemia da COVID-19 que imperen en cada momento.