Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

Libros de texto

De acordo coas bases da convocatoria, ponse en xeral coñecemento o decreto de 10 de outubro de 2019 que aproba a listaxe definitiva de cualificación dos expedientes de libros de texto, material
escolar e comedores escolares de 2019/2020

A dita listaxe pódese consultar en:

Páxina web dos cursos

O Concello de Ourense pon en marcha a programación de actividades dos centros cívicos municipais para o curso 2019/2020, tanto as destinadas á cativada como ás persoas adultas. Desde o mércores, 25 de setembro, até o 2 de outubro, as persoas interesadas poderán realizar a inscrición naquelas propostas que lles resulten máis atraíntes, a través da páxina web Cursos Asuntos Sociais no Centro Cívico da rúa Colón ou na Oficina de Atención Cidadá, na planta baixa da Casa do Concello na Praza Maior.

Partido de cachibol

O Concello pon en marcha a programación de actividades de envellecemento activo para o curso 2019/2020, cun total de 28 propostas de saúde e lecer destinadas a persoas de 60 ou máis anos, empadroadas no Concello de Ourense. O vindeiro mércores, día 25 de setembro abrirase o prazo de inscrición, que se deberá realizar online a través da páxina web Cursos Asuntos Sociais cubrindo un formulario que estará dispoñible na web desde ese mesmo día ás 9h.

O Concello de Ourense publica o listado provisional dos expedientes para as axudas para libros de texto, material escolar e comedor escolar de 2019/2020.

Foto da reunión

A asociación ourensá e a federación galega de persoas xordas desenvolverán o día 28 de setembro en Ourense un programa de actividades participativas e de sensibilización destinadas a dar a coñecer a realidade e as problemáticas que afectan a este colectivo. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, mantivo esta mañá unha xuntanza coa presidenta, María Isabel Fernández, e a intérprete, Arancha Pérez, da asociación ourensá (APSOU), para coñecer os pormenores destas actividades así como dos diferentes programas e servizos que presta a asociación ourensá. O alcalde comprometeu o apoio e colaboración do Concello con estas iniciativas así como co labor que desenvolve día tras día esta asociación, que presta servizos a 300 persoas na cidade.

A Concellería de Política Social, Igualdade e Sanidade do Concello de Ourense publica as resolucións das convocatorias públicas para a selección de actividades ou proxectos dos programas de Envellecemento Activo, Actividades dos Centros Cívicos para nenos e nenas, e Actividades dos Centros Cívicos para o curso 2019/20

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais do Concello de Ourense.

Libros de texto

A Concellería de Asuntos Sociais publica hoxe, 11 de xullo, un requirimento de emenda para que as persoas solicitantes do Programa de Axudas de Libros e Comedor Escolar do curso 2019-2020 poidan subsanar as fallas atopadas na documentación presentada durante a xestión destas axudas.

Axudas municipais

A xunta de goberno local aprobou esta mañá a convocatoria anual das subvencións que o Concello destina a proxectos de asociacións e entidades sen ánimo de lucro que traballan no terreo de benestar social. Unha convocatoria por concorrencia competitiva, que está dotada con 325.000 euros e pretende darlle apoio ao importantísimo labor que estes colectivos desenvolven na nosa cidade no apoio ás persoas e aos colectivos de maior vulnerabilidade, segundo explicou o concelleiro secretario da xunta Local, Miguel Caride.

Logo do Fondo Galego

Despois de doce anos enviando a persoal dos concellos socios a colaborar cos parceiros no Sur a través das Vacacións con Traballo, en 2017 o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade deulle a volta ao programa. Nos últimos tempos, unha demanda frecuente dos municipios do Sur é profundar nesta colaboración técnica facilitando que o seu funcionariado se desprace a Galicia para formarse en diferentes materias dentro da administración local. Deste xeito, o programa Vacacións con Traballo en Galicia ten como misión fortalecer ao persoal técnico municipal dos países cos que traballamos, para o que procuramos un intercambio de experiencias naqueles concellos galegos dispostos a facer de anfitrións e cunha traxectoria destacada na área sobre a que se procura o fortalecemento.