Así, en horario de mañá, desde as 9:00 horas, os rapaces e rapazas participaron en actividades e xogos cos monitores, formados en políticas de xénero, que puxo a disposición o Concello. De feito, no Centro Cívico de A Ponte foi necesario reforzar con outra monitora esta actividade, dado que chegaron a ter máis de 30 nenos e nenas nalgunhas xornadas.
O alcalde, Jesús Vázquez, e a concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, visitaron no seu último día as actividades no Centro Cívico de A Ponte.