Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

A Concellería de Asuntos Sociais iniciou as actividades formativas contempladas nos programas de corporacións locais para a inclusión social da poboación xitana, inmigrante, perceptora do RISGA e outras persoas en risco de exclusión, en colaboración coa Dirección Xeral de Inclusión Social da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e polo Fondo Social Europeo. Con estas actuacións, a área dirixida por Sofía Godoy pretende darlles resposta ás necesidades formativas e laborais dunha poboación que presenta as seguintes características: parados de longa duración, maiores de 45 anos e escasa formación académica.

A participación en cada actividade é de un máximo de 15 persoas, polo que recibirán formación un total de 150 persoas.

  • Curso de Atención Sociosanitaria en Institucións (450 horas) *
  • Curso de Limpeza de superficies e mobiliario de oficina (145 horas) e Traballos domésticos (145 horas) *
  • Curso de Auxiliar de Comercio (320 horas) *
  • Curso de Perruquería (150 horas)
  • Curso de Estética (150 horas)
  • Curso de Carné de Conducir (200 horas)
  • Curso de Mellora e fortalecemento das capacidades para o emprego (70 horas)
  • Taller de Estimulación da memoria (30 horas)
  • Alfabetización

*Tres cursos que comezan esta semana

O luns 19 de febreiro, botarán a andar un total de tres cursos: O de Auxiliar de Comercio (ás 9:30 horas en Grupo de Formación Seoane, Avda. Bos Aires 65); e o de limpeza de superficies e mobiliario de oficina (ás 10:00 horas en Foris, rúa Nova 18).

O mércores 21, desde as 9:00 horas, botará a andar tamén o de Atención Sociosanitaria (desde as 9:00 horas na Academia Postal).