Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

A convocatoria de subvencións do Concello de Ourense dará apoio a proxectos de servizos sociais de vinte e sete asociacións e entidades sen ánimo de lucro da cidade. O Concello publica desde hoxe na web municipal a resolución desa convocatoria, que se outorgan por concorrencia competitiva, e de acordo coas bases publicados no Boletín Oficial da Provincia de 24.04.18. As axudas suman un total de 315.832,16 euros

As axudas están destinadas a financiar programas, proxectos o actividades que, sendo considerados de interese, promoción social ou de utilidade pública para o Concello de Ourense, no ámbito dos servizos sociais, promovan as asociacións e entidades sen ánimo de lucro. Os ditos programas, proxectos ou actividades deberán ir dirixidos prioritariamente a persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade social.

Froito deste proceso, serán 27 as asociacións que obteñan as axudas:

  1. Asociación de Enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa de Ourense (ACCU), unha subvención de 765,40 € para o Proxecto: Sensibilización, concienciación e visibilización das enfermidades inflamatorias intestinais.
  2. Asociación de Discapacidade de Ourense (ADO), 6.136,00 € para o proxecto taller prelaboral autoxestionado.
  3. Asociación Española contra o Cancro (AECC) 29.172,00 € para o Proxecto: Servizo de Axuda e soporte psico-social no fogar especializado en Oncoloxía
  4. Asociación de Familias de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Ourense (AFAOR), 23.099,79 € para o proxecto: Apoio psicolóxico para familiares e coidadores/as de enfermo/as de Alzhéimer ou patoloxías afíns.
  5. Asociación de Fibromialxia, Síndrome de Fatiga Crónica e Sensibilidade Química Múltiple de Ourense (AFFOU), 8.562,19€ para o Proxecto: Atención e Rehabilitador a persoas con Fibromialxia e Síndrome de Fatiga Crónica e Familiares e Sensibilización.
  6. Asociación de Inmigrantes Senegaleses de Ourense (AISO), 1.672,37 € para o Proxecto: Proxecto de Intervención Comunitaria Convivamos.
  7. AIXIÑA 22.344,00 € para o Proxecto: Servizo de transporte adaptado para persoas con mobilidade reducida do Concello de Ourense.
  8. Asociación para a Loita Contra as Enfermidades Renais de Ourense (ALCER) 9.031,72 € para o Proxecto: Atención social, apoio e información a pacientes con Insuficiencia Renal Crónica (IRC) e aos seus familiares, prevención da IRC e sensibilización.
  9. Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, ELA, Parkinson e outras enfermidades neurodexenerativas (AODEM), 18.620,00€ para o Proxecto: Proxecto interdisciplinar de atención a persoas con enfermidades neurodexenerativas e as súas familias, ano 2018.
  10. Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES), 4.262,53 € para o Proxecto: Emprega Bitácora.
  11. Asociación de Persoas Xordas De Ourense (APSOU), 11.481,00 € para o Proxecto: Mellorando a calidade de vida das Persoas Xordas.
  12. Asociación Diabética AURIA 3.043,87 € para o Proxecto de prevención e sensibilización sobre a diabetes “Conciencia Doce”.
  13. Asociación Autismo Ourense 25.860,00 € para o Proxecto: Programa de Promoción da autonomía persoal en persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA).
  14. Asociación para a promoción social de persoas con dificultades de Patoloxía Dual Psíquica (CADABULLO) 9.567,50 € para o Proxecto: Programa de atención Psicosocial en Patoloxía Dual.
  15. Cáritas Diocesana de Ourense, 30.653,00 € para o Proxecto: Programa de actividades dirixidas a persoas en situación de exclusión social severa e en risco de exclusión.
  16. CIMO, entidade prestadora de servizos 7.852,70 € para o Proxecto: Emprégate.
  17. Cruz Roja Española 6.781,99 € para o Proxecto: Primeira Acollida e Activación das persoas vulnerables, e 7.519,64 € para o proxecto: Itinerarios integrais intensificados para persoas de moi baixa empregabilidade.
  18. Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Ourense (DISCAFIS-COGAMI), 12.541,03 € para o proxecto de Servizos Especializados.
  19. Down Ourense 14.617,48 € para o proxecto: Programa de atención e intervención familiar.
  20. Federación Galega de Asociacións a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (FADEMGA), 4.589,20 € para o Proxecto: Servizos de emprego para persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento de Ourense.
  21. Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mentais de Galicia (FEAFES Galicia) 9.034,00€ para o proxecto: Servizo de prospección e inserción laboral para persoas con enfermidade mental.
  22. Asociación de Familiares e Enfermos Mentais Morea (A.F.E.M. Morea) 23.275,00 € para o Proxecto: Integración social de persoas con enfermidade mental severa e as súas familias.
  23. Asociación Redmadre Ourense 2.097,68 € para o Proxecto Anxela 2018.
  24. Asociación Dano Cerebral Adquirido (RENACER) 9.436,76 € para o Proxecto: Continuidade da Educación Social no Dano Cerebral Adquirido (DCA).
  25. Sustinea. 9.462,29 € para o Proxecto: Un rural para todos.
  26. Asociación de Familias de Persoas con Trastornos da Comunicación Social (TRASCOS), 4.353,02 € para o Proxecto: Programa de desenvolvemento das competencias de intersubxectividade e das habilidades de comunicación social en persoas con Trastornos da Comunicación Social e Trastornos do Espectro Autista.
  27. Valoresc Innovation: 12.219,69 € para o Proxecto: HELP Espazo CoopSocial Ourense.

 

Resolución da convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais do ano 2018 (pdf)