Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

O Fondo Informa

31/10/2018 nº 49

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade lanza este boletín electrónico para informar ao sector e á cidadanía en xeral sobre as últimas novas da cooperación municipalista. Tamén atoparás as próximas citas na axenda solidaria das deputacións e concellos socios, entre outras cuestións de interese.

'Muros que unen' na Coruña

O rianxeiro Novenoel e a ferrolá Eva Seoane gañan o I Concurso de murais arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible financiado polo Concello.

Fin das estadías

A colaboración do voluntariado do programa Vacacións con Traballo vai chegando ao seu fin en Mozambique e Cabo Verde.

Encontro da Confederación

O Fondo Galego participou en Ibiza nunha formación sobre xestión económica e financeira da cooperación descentralizada organizada pola Confederación de Fondos, rede estatal que preside.

Intercambio en tres concellos

Elsa Dimande, técnica da Asociación Nacional de Municipios de Mozambique, pasou por Ames, Nigrán e Rianxo nas Vacacións con Traballo en Galicia.

Visita da Xunta

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, acercouse a coñecer a sede del Igadi, que exerce a Secretaría do Fondo Galego.

Acadar a educación universal

No Día Internacional das Nenas, a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade de Ames, Luísa Feijóo, asinaba un novo artigo de opinión na Praza Pública sobre o ODS 4, a prol dunha educación de calidade.

Xornadas da Coordinadora

O presidente do Fondo Galego, Juan González, abordou o papel dos concellos nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible durante as xornadas organizadas pola Coordinadora Galega de ONGD.

AXENDA

05/11/18 Moraña
Obradoiro e contos 'Contamos todas'. 16.30h CPI Santa Lucía.

07/11/18 Fene
Teatro 'O valo'. 12.30h IES de Fene.

08/11/18 A Guarda
Obradoiro e contos 'Contamos todas'. 12.30h Centro Cultural.

08/11/18 Lugo
Exposición 'Galicia-Cabo Verde: unha hermandade'. Centro de Convivencia Fingoi.

09/11/18 Caldas
Obradoiro e contos 'Ti tamén contas'. 11.30h Auditorio.

10/11/18 Ferrol
Actuación de Batuko Tabanka. 13h Centro Cultural Torrente Ballester.

12/11/18 Cabana
Obradoiro e contos 'Ti tamén contas'. 12.20h

13/11/18 Pontedeume
Exposición 'No colo da esperanza'. Casa da Cultura.

13/11/18 Bergondo
Exposición 'Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible'. CPI Cruz del Sar.

14/11/18 Oleiros
Teatro 'O valo'. 18.30h Teatro As Torres de Santa Cruz.

16/11/18 Verín
Teatro 'O valo'. 12h Auditorio.

20/11/18 Soutomaior
Obradoiro e contos 'Contamos todas'.

21/11/18 A Laracha
Obradoiro e contos 'Contamos todas'. 11h Casa da Cultura.

23/11/18 Tomiño
Obradoiro e contos 'Ti tamén contas'. 12.50h IES Antón Alonso Ríos.

24/11/18 Cuntis
Actuación de Batuko Tabanka. 20.30h Centro Sociocultural Petelas.

26/11/18 Carballo
Obradoiro e contos 'Ti tamén contas'. Pazo da Cultura.