O venres 7 de decembro comeza o prazo de inscrición para as actividades de organizadas dende os Centros Cívicos (Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo) para nenos e nenas ao longo do curso escolar. Pero tamén se inicia o prazo para que os pais e nais poidan apuntar aos seus fillos e fillas ás actividades de conciliación que os Centros Cívicos poñen en marcha coincidindo coas festas de Nadal.
Poderán inscribirse nenas e nenos de Educación Infantil e Primaria empadroados no Concello de Ourense. O sistema de inscrición será a través da páxina www.ssociaiscursos.com. As persoas que precisen de axuda á hora de apuntarse poderán chamar ao teléfono 988 388 133. O prazo de inscrición comeza o 7 de decembro de 2018 ás 9:00 horas e permanecerá aberto ata cubrir prazas.
Durante estas festas, as actividades para a cativada serán pola mañá entre as 09:00 e as 14:00 horas, aínda que tamén está previsto que haxa algúns obradoiros pola tarde. Este ano ampliouse o horario de atención a cativada respecto ao pasado ano. O obxectivo é favorecer que os pais poidan conciliar o seu traballo coas vacacións da cativada. As actividades lúdicas de Nadal darán comezo a partir do luns, 10 de decembro.
Ademais das actividades de conciliación, a Concellería de Asuntos Sociais abre o prazo de inscrición para as actividades que ofrecen os Centros Cívicos para nenos e nenas de Infantil e Primaria ao longo do curso escolar. O sistema e as datas para apuntarse coinciden coas das actividades de Nadal: dende o sete de decembro ata cubrir prazas.
Actividades para nenos e nenas nos Centros Cívicos durante o curso escolar
As actividades comezan en cada Centro Cívico o día 10 de decembro. As nais, pais ou titores poden acudir ás 17:30 horas ao centro solicitado co resgardo da inscrición.
A actividade de Apoio Escolar ten prazas limitadas polo que a admisión confirmarase telefonicamente unha vez estea organizado o grupo. Esta actividade é para nenas e nenos de entre 5º de EP e 2º de ESO. Tres días á semana, unha hora e media diaria
As actividades ofertadas ao longo do ano en cada un dos centros son as seguintes:
- Colón
- - Actividades infantís semanais: para nenos e nenas nacidos entre os anos 2009-15. Aberta de luns a venres de 17:30 a 20:00 horas
- - Actividades os sábados: para nenos e nenas de E.I. e E.P. Os sábados de 10:30 a 13:00 horas.
- A Cuña
- - Actividades infantís semanais: para nenos e nenas nacidos entre os anos 2009-15. Aberta de luns a venres de 17:30 a 20:00 horas
- - Actividades os sábados: para nenos e nenas de E. Infantil e Primaria. Os sábados de 10:30 a 13:00 horas.
- A Ponte
- - Actividades infantís semanais: para nenos e nenas nacidos entre os anos 2009-15. Aberta de luns a venres de 17:30 a 20:00 horas
- - Actividades os sábados: para nenos e nenas de E. Infantil e E. Primaria. Os sábados de 10:30 a 13:00 horas.
- As Termas

- Seixalbo