Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

O Fondo Informa
31/01/2019 nº 52

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade lanza este boletín electrónico para informar ao sector e á cidadanía en xeral sobre as últimas novas da cooperación municipalista. Tamén atoparás as próximas citas na axenda solidaria das deputacións e concellos socios, entre outras cuestións de interese.

Mozambique no obxectivo

Ponteareas acolleu a estrea da nova exposición que reúne as fotografías realizadas polo reporteiro Adrián Irago tras gañar o certame Imaxes con Fondo III.

Plan de actividades
Representantes de máis de corenta administracións locais socias do Fondo Galego reuníronse nas xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria.

Think Europe: Cidades e ODS
O presidente do Fondo Galego participou en Soria no II Encontro Internacional 'Think Europe: Compromiso 2030' representando á Confederación de Fondos.

Guineanas tras a cámara
O proxecto de acceso á auga realizado canda ACPP en Guinea-Bissau inclúe un obradoiro de fotografía para mulleres do que sairá unha exposición.

 

AXENDA

Ata 10/02/19 Ponteareas
Exposición 'Dereitos Humanos en Mozambique'.

Ata 14/02/19 Verín
Exposición 'Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible'. Sala de Exposicións.

Ata 15/02/19 Oleiros
Exposición 'No colo da esperanza'. CEIP Juana de Vega.

18/02/19 Ourense
Exposición '20 Anos a Fondo coa Solidariedade'. Rúa do Paseo.

22/02/19 Muros
Conto 'Antía, Wamba e o regato pequeno'. 18h Auditorio.