O Fondo Informa
28/02/2019 nº 53
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade lanza este boletín electrónico para informar ao sector e á cidadanía en xeral sobre as últimas novas da cooperación municipalista. Tamén atoparás as próximas citas na axenda solidaria das deputacións e concellos socios, entre outras cuestións de interese.
Os grupos parlamentarios animarán ás candidaturas municipais a incorporar nos programas a adhesión dos concellos ao Fondo e a defensa da cooperación.
Axiña sairá do prelo a 'Memoria 2018: A Fondo cos ODS', co resumo das actividades realizadas no último ano, que xa se pode consultar online.
O Fondo Galego asistiu en Cáceres á Asemblea da Confederación de Fondos e en Madrid á xuntanza na oficina da Alta Comisionada da Axenda 2030.
O día 1 de cada mes lanzaremos un novo #RetoAosConcellos, con "boas prácticas" como a de servir produtos de comercio xusto nos seus ágapes.
01/03/19 O Barco- Exposición 'Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible'. Casa da Cultura.
21/03/19 Pontevedra- Exposición 'Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible'. Biblioteca.
Ata 31/03/19 Caldas- Exposición 'No colo da esperanza'. IES Aquis Celenis. CPR San Fermín. CEIP San Clemente.
Ata 31/03/19 Pontevedra- Exposición '20 Anos a Fondo coa Solidariedade'. Centro Sur.