Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

A xunta de goberno local celebrada esta mañá no Concello de Ourense abordou 12 asuntos achegados por diferentes concellerías e servizos municipais. Entre eles, aprobáronse as bases reguladoras para a concesión de axudas, en especie, para a adquisición de libros de texto e de material escolar, así como para comedores escolares, durante o curso 2019-2020. Este programa da Concellería de Asuntos Sociais contará cun orzamento de 243.348,47 euros.

O gasto para libros de texto e material escolar, será de ata un importe máximo de 20.000 €. Para as axudas a comedores escolares, será de ata un importe máximo de 67.005 euros para o ano 2019; e de 156.343,47 euros para o ano 2020.

“Poderán beneficiarse deste programa as familias con menor poder adquisitivo residentes no Concello de Ourense que cumpran unha serie de requisitos. Entre eles, estar empadroados no Concello de Ourense, con tres meses mínimo de antigüidade e non superar os 3.500 euros de renda per capita anual”, explicou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e na páxina web do Concello.

Asuntos Sociais. A xunta de goberno estimou favorablemente dous recursos de reposición interpostos por senllas particulares contra as axudas da pasada convocatoria (a do presente curso, o 2018-2019). En consecuencia, rectificouse a lista de beneficiarios da axuda de comedor escolar e concedéronse as axudas, no primeiro dos casos de 855 euros, e no segundo son dúas (para dous fillos) de 450 euros. “Neste sentido, este goberno sempre se manifestou a prol de que ninguén quedase sen axudas nin para libros e material, nin para comedor escolar. E ese é, precisamente, o espírito”, dixo o rexedor.