Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

O Concello convoca as axudas que darán apoio ás familias ourensás para a compra de libros e material escolar e comedores escolares no próximo curso 2019/2020. Están dirixidas a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes e empadroadas no Concello de Ourense que non superen os 3.500 euros de renda per capita anual e teñan nenos ou nenas ao seu cargo estudando en centros públicos ou concertados de Ourense.

As familias interesadas poderán presentar as súas solicitudes a través do Rexistro Xeral do Concello de Ourense na Praza Maior ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, achegando a documentación requirida nas bases reguladoras. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles desde o 23 de maio ate o 12 de xuño, incluído. 

O Concello de Ourense destina unha achega total de 243.348,47 euros a esta convocatoria, dos que 20.000 son para libros e material escolar e pos 223.348,47 euros son para os comedores.

Requisitos

Os requisitos son que a familia estea empadroada no Concello de Ourense, con tres meses mínimo de antigüidade, todos os membros da unidade de convivencia e non superar os 3.500 € de renda per capita anual. Computarase un membro máis no caso de presentar algunha das persoas unha discapacidade igual ou superior ao 33%, e tamén no caso de ser familia monoparental (aquela constituída por unha soa persoa proxenitora ou titora con que convive o neno ou a nena, e que sexa a única sustentadora da familia).

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense do día 22 de maio de 2019 publica a convocatoria das axudas para libros e comedores escolares

Enlace: