ADQUISICIÓN DE XOGUETES PARA A CAMPAÑA DE REIS 2020
1. OBXECTO DA SUBMINISTRACIÓN:
A adquisición de xoguetes da Campaña de reis para a Concellería de Asuntos Sociais, nas condicións que constan no anuncio da convocatoria, que se pode consultar máis abaixo
2. PRESENTACIÓN DE OFERTAS
2.1 Prazo: 7 días naturais, contados a partir do luns, 18 de novembro.
2.2 Documentación que se debe presentar:
A sinalada no dito anuncio.
2.3 Modo:
Indistintamente, por calquera dos seguintes:
a) Presencialmente, no rexistro xeral do Concello de Ourense, na Praza Maior, 1, Ourense.
b) Por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE núm. 236, do 02.10.2015).
2.4 Efecto:
A presentación da oferta implica a aceptación total e incondicionada, pola persoa ou empresa presentadora, das condicións do contrato publicadas nesta páxina web
3. ENTREGA DOS BENS SUBMINISTRADOS
3.1 Prazo: entre o 30 de decembro de 2019 e o 5 de xaneiro de 2020.
3.2 Lugar: Nas instalacións da empresa adxudicataria no termo municipal do Concello de Ourense.
3.3 A entrega deberá facerse a cada familia portadora dun vale da Concellería de Asuntos Sociais.
4. PAGO DO PREZO DA SUBMINISTRACIÓN
O pago do prezo da subministración realizarase trala presentación pola persoa ou empresa subministradora dunha única factura que reúna os requisitos legalmente establecidos.
DOCUMENTACIÓN:
- Anuncio da convocatoria Adquisición de xoguetes para a Campaña de Reis 2020