Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

A empresa Atendo prestará o servizo de axuda no fogar do Concello de Ourense. Así llo comunicou esta mañá a Concellería de Política Social despois de constatar que a firma presentou a mellor das 3 ofertas que recibiu o Concello para adxudicar este servizo municipal (cumplía a totalidade das esixencias técnicas e realizou a mellor oferta económica).

Atendo asumirá o 100% do persoal subrogable do servizo e prestará a totalidade dos servizos ás persoas usuarias, garantindo así a continuidade dun servizo esencial como o de axuda no fogar.Atendo é unha empresa especializada neste sector de actividade, que na actualidade xestiona o Centro interxeneracional da Farixa e o propio servizo de axuda no fogar noutros municipios galegos.

A firma prestará a axuda no fogar de forma provisional até que o Concello complete a licitación deste servizo a través dun concurso, cuxo prego de condicións estase a tramitar na actualidade no departamento de Contratación, logo de que o anterior concurso convocado polo Concello quedara deserto, feito este que fixo necesario realizar este procedemento provisional até o novo contrato.

O Concello, Atendo e a anterior adxudicataria Sacyr xa están en contacto nestes momentos para axilizar a transición, co necesario trasvase de información e recursos humanos e materiais do servizo á nova empresa. En todo caso, o goberno municipal lembra que tanto as condicións e servizos que se poñen a disposición das persoas usuarias como a totalidade dos postos de traballo manteranse coa nova adxudicataria sen ningún tipo de interrupción, de forma que ningunha persoa usuaria quedará sen atención nin ningunha empregada do servizo deixará de traballar.