Beneficiarios
- Poderán acollerse a este servizo persoas maiores de 18 anos en situación de exclusión ou emerxencia social que, debido a sinistros na súa vivenda, carencias socioeconómicas, problemas de saúde ou graves conflitos persoais ou de convivencia pasan por unha situación carencial aguda entre as que se inclúe a falta dun fogar ou núcleo sustitutivo deste.
- De forma excepcional poderá acoller a menores de idade sen acompañar.
A estancia máxima será de tres días consecutivos cada tres meses. A continuidade, en casos excepcionais, será valorada polo traballador ou traballadora social.
Instalacións
O albergue conta con vinte prazas e presenta os seguintes servizos:
- Acollida, valoración, asesoramente e derivación.
- Admisión e aloxamento.
- Manutención.
- Hixiene e lavandaría.
- Consigna.
- Enderezo Postal.
Normas de funcionamento
- Erguerse: 07,30 horas.
- Consigna: 08,00 a 08.15 horas.
- Almorzo: 08,15 a 08,30 horas.
- Comedor: 12,30 a 13,30 horas.
- Cea: 20,30 a 21,30 horas.
- Silencio: 23,00 horas.