Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

A concelleira de Política Social, Eugenia Díaz Abella, explicou hoxe no Centro Cívico de Colón a estratexia do seu departamento logo do incremento de 5 millóns do orzamento para asuntos sociais, que pasaron de 5.002.000 millóns a 7.477.000 e, co novo incremento, a 10.477.000 euros.

A responsable de Política Social debullou as partidas que se ampliarán as coberturas, deixando claro que se ampliarán se son insuficientes, para darlle cobertura a todas as persoas que o precisen.

Estas son as principais liñas de actuación: 

  • Axudas municipais de emerxencia social, + 1.000.000 euros
  • A protección das familias é un eixo fundamental na política desta Concellería garantindo a cobertura para aqueles que o precisan. Pasouse de 400 familias a 1.650.
  • Gastos de emerxencia social, unha partida destinada a bens de primeira necesidade cuxa cobertura adquire nestes intres especial relevancia, e que se viu aumentada en 62.000 euros.
  • Gastos diversos de acción social, +25.000 euros, para facerlle fronte a conxunturas anómalas coma a pandemia. Este diñeiro destinouse á compra de máscaras de protección, entre outros artigos de primeira necesidade.
  • Axuda a domicilios, + 752.000 €, de forma que son 9.000 horas máis as que se poñen ao servizo dos cidadáns nos vindeiros meses.
  • Libros: + 50.000 euros para libros de texto escolares.
  • Comedor escolar: Elevouse a partida de axuda ao comedor en 400.000 euros, até os 669.000 euros.
  • Conciliación: Grazas aos 120.000 euros ampliáronse horarios, actividades e persoal.
  • Axudas ás familias monoparentais: servizos esenciais para as familias máis vulnerables, cun 90% máis de recursos (150.000 euros).
  • Escolares no verán: destinaranse 20.000 euros para actividades dos campamentos de verán da Concellería de Política Social.
  • Albergues: 200.000 euros máis para o fogar do transeúnte e todos os servizos prestados polos diferentes espazos que acolleron a persoas con dificultades durante a pandemia.
  • Ademais, incrementáronse os convenios con Cáritas (250.000 euros) e con Cruz Vermella (75.000 euros).