Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

Cruz Vermella e o Concello de Ourense presentaron esta mañá a campaña informativa que desenvolverán os voluntarios da organización na rúas da cidade. Unha medida disuasoria e preventiva para evitar a expansión do coronavirus, insistindo na necesidade de usar as máscaras protectoras, e ao mesmo tempo, lembrar consellos básicos para esta época do ano: hidratarse continuamente, evitar as horas centrais do día, etc.

Os voluntarios de Cruz Vermella estarán apostados nos lugares de maior concorrencia, desde a rúa do Paseo até as piscinas municipais de Oira, e “non queremos vender nada”, advirte José Ramón Bayón, responsable de Servizos Preventivos: “só axudar”. 

Neste sentido, o alcalde quixo recoñecer o labor silencioso da organización, que semella pasar desapercibida para grande parte da sociedade pero resulta fundamental no espazo ao que non chegan as institucións. Para a concelleira de Política Social, Eugenia Díaz, “non hai mellor tratamento que unha boa prevención”.