Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

A Concellería de Asuntos Sociais publica hoxe, día 14 de agosto, un requirimento de emenda para que as persoas solicitantes do programa de axudas de libros e comedor escolar do curso 2020-2021 poidan subsanar as fallas atopadas na documentación presentada durante a xestión destas axudas. Por este motivo tamén publica nesta páxina web a relación das persoas solicitantes e a documentación que precisan para que as súas solicitudes estean correctas.

Disporán dun prazo de dez días hábiles, a partires do seguinte da publicación hoxe, 11 de xullo de 2019, deste anuncio no taboleiro de edictos do Concello e na páxina web www.ourense.gal para corrixir os erros e achegar a documentación solicitada. O prazo rematará o día 28 de agosto. Deberán presentar a documentación que se lles solicita no Rexistro Xeral do Concello.

De non facelo neste mencionado prazo, se lles terá por desistidos da súa petición cos efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A convocatoria das axudas foi aprobada pola Xunta de Goberno Local do Concello na súa sesión de data 29 de maio e está dotada cun orzamento de 294.250 euros (25.000 para axudas a libros de texto e material escolar e 269.250 euros para comedores escolares).

DOCUMENTACIÓN